miércoles, 25 de noviembre de 2009

Centro de artesanía tradicional de Vigo

Hoxe houbo alboroto no salón de actos; non pararon de pasar clases durante toda a mañá.

Achegueime a ver se me decataba do que pasaba e alí estaban, dúas mozas explicando e facendo cestos, actividade artesanal, que tivo na nosa cidade moita relevancia, reflectida no nome da rúa Cesteiros do Casco Vello, un dos centros de produción de cestería máis importantes de Galicia, con oito obradoiros abertos ata mediados dos anos setenta do século pasado no que traballaban ao redor de vinte cesteiros.

Esta actividade chámase "Artesanía na Escola"´e está organizada polo CAT (Centro de Artesanía Tradicional de Vigo).

Aprendín moito con esta actividade e case que me atrevo facer un cesto, mellor o deixo e dedícome á miña biblioteca, como dicía un amigo meu "zapateiro aos teus zapatos".

Déixovos unhas fotos e un pequeno vídeo da actividade

Un saúdo. Don Sapoconcho








No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.