sábado, 27 de febrero de 2010

Semana da prensa

A profe María que leva o EAC (Equipo de Actividades Complementarias) pediume que colgase isto no blog para que traballedes "a prensa"

Comezamos a Semana da Prensa cunha cuestión moi sinxela que debedes resolver.

Sinalade os xéneros periodísticos de información e os de opinión:
noticia - editorial - artigo - reportaxe - columna - crónica

A continuación buscade exemplos de cada tipo nos xornais que atoparedes no seguinte enlace


viernes, 26 de febrero de 2010

A sombra descalza

Outro libro adicado por An Alfaya ao noso colexio: A SOMBRA DESCALZA
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza. An Alfaya mereceu o PREMIO LAZARILLO DE LITERATURA XUVENIL 2005 con esta emocionante e descarnada novela sobre a recuperación da dignidade das mulleres e a necesidade de esculcar no pasado para facelo.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Zoa e Azor

Hoxe atopei este libro de An Alfaya que está dedicado a toda a comunidade educativa.

Un grupo de teatro chega ao pobo de Silvano. O rapaz axúdaos durante a semana de representación á vez que descobre a súa fascinación por esta actividade e a súa sensibilidade cara á poesía. Unha das súas tarefas é coidar os cabalos da compañía, Zoa e Azor. Non obstante, Tomás, que envexa ao seu primo Silvano, provocará unha desgracia: deixa aberta a gaiola onde están os cabalos e son atropelados por un coche. Zoa queda malferida e Azor morre. Silvano carga coas culpas, aínda que ao cabo do tempo a situación se aclara.

Necesito que me poñades máis cousas (en comentarios) sobre An Alfaya (de tartaruga a mozo/a).............veña, investigade un pouquiño.....gústanme moitísimo os comentarios.

domingo, 21 de febrero de 2010

An Alfaya

An Alfaya, escritora moi vinculada ao noso centro, estudou na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía e detective privado na Universidade Complutense de Madrid.

Moi ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo. A súa obra literaria diríxese especificamente ao lectorado infantil-xuvenil .








As súas obras para rapaces son: (preme na portada do libro para ver o contido do libro



























Outras obras: "A RECORTADA", " A SOMBRA DESCALZA" "ILLA SOIDADE" "BUGUINA NAMORADA" "O SON DAS BUGUINAS" "AREAQUENTE" "MATEI UN HOME" .............

jueves, 18 de febrero de 2010

De que escritora estamos a falar?

Sabedes que escritora está moi vinculada ao colexio, asinounos algún libro seu, está moi relacionada co teatro e ademais é mestra, criminóloga e detective privado......

Máis pistas: Premio Merlín 1997, accesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003, finalista do Premio Ala Delta e premio Frei Martín Sarmiento, Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008, Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007.

Un dos libros adicados aos rapaces e rapazas do colexio fala de Crispín que sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta. Dende hai uns meses Crispín leva cabilado dabondo na identidade de Gloria;. primeiro pensaba que se trataba da neta de Eleanora, polo xeito de falar con ela, pero axiña muda de opinión e ocorréuselle pensar que se refería a unha mascota. ¿Quen será Gloria en realidade?

Outro dos libros que temos na biblioteca desta escritora fálanos do sireno da Porta do Sol que desperta emocións intensas e contradictorias no interior dun neno que acaba de perder ao seu pai nun accidente.

Como imaxino que xa sabedes quen é invítovos a que escribades o seu nome nos comentarios.

domingo, 14 de febrero de 2010

Desfile do entroido

Non me puiden aguantar e xa vos deixo o vídeo do desfile do entroido
PARABÉNS A TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS PORQUE O FIXESTES MOI BEN, MOI BEN, MOI BEN

Como xa rematamos o entroido agora téñome que centrar máis nos temas da biblioteca: estes días estou a preparar información sobre unha escritora que ademais é mestra e criminóloga.

¿Sabedes quen é?

viernes, 12 de febrero de 2010

ENTROIDO OTERO PEDRAYO 2010

Hoxe foi o día grande do entroido; houbo de todo: venecianos, axuda para Haití, músicos, zombis, vaqueros,.......y para rematar comémonos as típicas orellas grazas á colaboración do ANPA.
Despois dunha semana de tanto barullo quedo só na miña cova ata o próximo xoves que virán de novo estes simpáticos trasnos a revolver todo.
........ahhhhhh se queredes que poña os videos teredes que deixar como mínimo 10 comentarios dicindo que foi o que máis os gustou do entroido

jueves, 11 de febrero de 2010

Entroido: xoves

Como sabían da chocolatada un mandil trouxeron para non se manchar

Como os rapaces viñeron con mandís, o ANPA invitoulles a chocolate

miércoles, 10 de febrero de 2010

Entroido: mércores

Que guapos viñeron onte os nenos cunha flor na cabeza; hoxe mandou vir cun turbante para estar moi elegantes e estes foron os elegantes do colexio:


Para maña "Tío Zapping" mándanos vir cun mandil para non mancharnos de chocolate

martes, 9 de febrero de 2010

Entroido: martes

O "Tío Zapping" mandounos vir cunha flor na cabeza e así chegaron pola mañá os rapaces e rapazas e algún profe ao cole


Para mañá "Tío Zapping" mándanos vir moi elegantes e para iso hai que traer na cabeza un turbante

viernes, 5 de febrero de 2010

Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

Do 7 de febreiro ao 14 de marzo celébrase o 11º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no Pazo da Cultura.

Podes consultar toda a información en:

Podes inscribirte nos obradoiros en:



Os obradoiros son:
  • Sonotopías, escoita e territorio
  • Obradoiro de construción de títeres con material de refugallo
  • Animación á lectura

Podes ver todo o programa de actividades en: http://www.salondolibro.org/2010/actividades/

Podes consultar os espazos e exposicións: http://www.salondolibro.org/2010/exposicions/

Podes facer inscricións para coles en: http://www.salondolibro.org/centros-escolares/






Un pouco de humor

Vaia Semanita: O Jonan tivo un problema coa Xustiza e o xuíz mandoulle facer traballos sociais na biblioteca, un ambiente descoñecido para el...

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.