Na páxina de Orientación Andujar hai un xogo da oca pola Paz e moitas máis fichas para traballar este tema. No blog da biblioteca do Colexio "Mestres Goldar" "O RECANTO DE MIK" a través da páxina Edualter.org hai uns materiais moi bos para traballar "a paz a través do cine"
Este é o discurso final de Charles Chaplin en El Gran Dictador 1940, xenial e formidable alegato antibélico
O Ministerio de Educación e Ciencia publicou este precioso conto africano adaptado por Isabel Muñoz Martínez e Isabel Gavilán Villarejo e ilustrado por Elena Ferrándiz Rueda. Podedes velo picando na portada
No blog do Departamento de Orientación do Colexio existe un enlace ao blog de Orientación Andújar onde teñen unhas estupendas presentacións para o Día da Paz que que podedes ver picando no debuxo
Tamén teñen fichas e materiais para traballar o día da PAZ. (Pica na ficha)
A profesora de primeiro Ana pediume que publicase esta fermosa presentación sobre a PAZ
O día 30 de xaneiro celébrase o día da Paz e da non violencia. No blog do Departamento de Orientación do cole atopei como xursiu esta iniciativa e cales son os seus obxetivos:
"Foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación No-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal.O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.O día 30 de Xaneiro conmemórase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base relixiosa, tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa.Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns que se produciron tras a independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados, India e Paquistán, un hindú e outro musulmán). Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter millóns de indios."
Durante estes días, irei poñendo recensións sobre a Paz en diferentes formatos, así como as actividades que os profesores vaian propoñendo para conmemorar esta data tan importante
Tengo un amigo color chocolate, chata la nariz, los labios granate. tengo otro amigo color amarillo, ojos rasgados, negro flequillo. Falta mi amigo color aceituna, dulce mirada risa de luna. Yo soy de nata dice mi abuelo, azules los ojos, rubio el cabello. Amigos de colores, unamos las manos. NEGRO, AMARILLO, ACEITUNA, BLANCO. UN GRAN ARCO IRIS TODOS FORMAMOS