Mostrando entradas con la etiqueta Animacion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animacion. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de septiembre de 2010

Nacidos para ler

No blog do meu amigo MIK están postos estes tres videos dun minuto de duración  con contidos educativos dirixidos a nais, pais e adultos que están ao coidado de nenos e nenas, desde a etapa de xestación, até os 4 anos, co propósito final de incentivar a lectura e a manipulación do obxecto libro desde os primeiros anos de vida, así como tamén poñer de relevancia a importancia das familias como activos participantes e estimuladores da lectura. (2008)





domingo, 9 de mayo de 2010

Contacontos

O xoves, aos nenos de Infantil e aos do 1º ciclo o Ratiño Pérez veulles contar un par de contos. Cando acabou de contar o 1º conto entráronlle as ganas de facer pipí” e tivo que marchar. Menos mal que o amigo que o acompañaba traía uns monicreques moi bonitos e lles contou a historia dun rei que tiña 3 fillas que...
Cando voltou o Ratiño Pérez... contou outro conto pequeniño.
Pero tamén os nenos do 2º e 3º ciclo tiveron a sorte de disfrutar dos contos do amigo do Ratiño Pérez porque este ratiño so conta contos para os nenos pequeniños.
Encantoume as cariñas que os quedaron a todos e a todas escoitando os contos



martes, 13 de abril de 2010

II FEIRA DO LIBRO

O vindeiro venres día 23 de abril, co gallo do día do libro, celebraremos a II FEIRA DO LIBRO do CEIP Otero Pedrayo.


Cada ciclo montará un posto para expor os libros...e non sabedes o bonitos que lucen!!!

Ao igual que na pasada edición, o alumnado aportará libros de vello que cambiará por bonos cos que mercar outros libros en calquera dos postos.

Polo de agora están chegando moitos libros.... e áinda queda tempo para máis... A Feira terá moitas e moi boas ofertas para ler.

martes, 6 de abril de 2010

A era BOOK

Encantoume o video que vin no blok do Recanto de Mik
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.