Algúns nenos e nenas de Educación Infantil recitaron un poema de PAZ
viernes, 15 de febrero de 2013
OLA DE NOVO
OLA A TODOS DE NOVO. Por fin botamos a andar de novo o blog da nosa biblioteca. Tedes que perdoar a tardanza, pero e que estivemos facendo moitos cambios no cole, polo que Don sapoconcho estivo moi ocupado revisándoo todo.
Para inaugurar este curso escolar 2012/2013, presentámosvos o concerto de "Música para a Paz" que celebramos o 1 de febreiro. Nel puidemos deleitarnos con versos e notas musicais para a PAZ.
Para inaugurar este curso escolar 2012/2013, presentámosvos o concerto de "Música para a Paz" que celebramos o 1 de febreiro. Nel puidemos deleitarnos con versos e notas musicais para a PAZ.
martes, 26 de junio de 2012
Festival de Fin de Curso
O tempo pasa, xa hai catro anos, e penso que o obxectivo
proposto está conseguido e de sobra.
Por fin temos unha
biblioteca digna deste fermoso colexio e agora tócalle a outros traballar na parte máis levadeira do proxecto: dinamizala e
convertela, non soamente nun lugar de préstamo de libros, senón no Centro de Información e de recursos do
Colexio.
Xa só quédame dar as grazas a todos os que
colaboraron: alumnos e alumnas, mestres e mestras, pais e nais, institucións.
FELIZ VERÁN
FELIZ VERÁN
Ubaldo
FOTOS DE INFANTIL
VIDEO INFANTIL
INFANTIL 5 ANOS
PRIMEIRO
TEATRO 2ºA-5º
BAILE 2ºB
BAILE 2º CICLO
BAILE FINAL
Se queredes ver baixar ao voso ordenador as fotos do Festival soamente tedes que picar neste enlace:
jueves, 14 de junio de 2012
Visita de Susana
Que sorte tivemos!
Susana, a nai de Nerea, trouxonos chocolate!
Ademais ensinounos moitas cousas.....
Sabiades que o chocolate son sementes dunha árbore?
Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii! A árbore do cacao
lunes, 4 de junio de 2012
Sapocontos
A Biblioteca de
aula da clase de 5 anos, coa colaboración da “Biblioteca An Alfaya” e as
familias, comezou este curso un proxecto chamado SAPOCONTOS.
Primeiro houbo que
facer unha pequena selección de libros variados da Biblioteca e levalos a
Biblioteca de aula.
Para cada libro buscouse unha actividade de ampliación o
máis motivadora posible.
Cada venres, dende outubro ata final de curso, todos
os nen@s da clase escollen libremente un conto e a súa ficha correspondente,
para ler durante a fin de semana.
O luns o devolven co traballiño feito.
Vamos
recopiando todos os traballiños para facer a final de curso un libriño do máis
orixinal e variado.
Este é o resultado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.