miércoles, 9 de mayo de 2012

Un novo reto

A nosa querida mestra Lourdes voltou a abrir a......
CAIXA DOS RETOS
Desta saiu a seguinte poesía:

A miña avoa Mariana ten unha cana
cana canariana
A avoa Mariana cóntame os contos,
sempre a súa maneira.

Eu quéroa moito e quéroa tanto....
dúchame, peitéame
e lévame o campo.
Ensíname cancións, axúdame a estudar,
di poesías, adoitamos xogar.

Logo pola noite, a avoa me vela,
un conto me conta,
e cando me durmo apaga a vela.

Mariana a miña avoa,
amiña avoa Mariana,
de palla o chapeu, o traxe de pana.

A miña avoa Mariana, non parece avoa....
parece unha fada
                                              Gloria Fuertes

Agora tócanos traballar!
Unha morea de cousas que averiguar........
Unha autora que investigar
Un acróstico que inventar
e unha avoiña que agasallar



martes, 8 de mayo de 2012

Letras Galegas

Segundo o calendario oficial a celebración das Letras Galegas vai do 9 ao 16 de maio.
O autor homenaxeado este ano é Valentín Paz Andrade.
O equipo de Normalización Lingüística preparou estas actividades:
  • Exposición de carteis na entrada 
  • No corcho da entrada a "guía didáctica". 
  • No encerado do recuncho da prensa hai 4 sobres con actividades fotocopiables para cada ciclo. 
  • Dende o 9 ao 16 os mestres/as baixarán cos  nen@s a traballar estes carteis. 
  • Para decorar os corredores da 1ª e 2ª planta temos previsto que cada aula escolla unha cita do autor na que defenda a nosa lingua ou a nosa cultura. 
  • Cada nen@ a escribirá dentro da silueta da súa man ao tempo que fai unha ilustración. Así baixo o noso lema, "Se ti e + eu xuntamos a nosas mans conseguirémolo seguro", transformarase en : "Xuntos, pola nosa lingua!"
  • O día 16 está previsto, se o tempo acompaña, celebrar a 1ª Xornada de Xogos Populares do CEIP "Otero Pedrayo"
  • O 16 está previsto que se reparta a revista por familias.

 

martes, 1 de mayo de 2012

Ahí ven o maio

Parece ser que os videos da prehistoria non se ven; problemas co CopyRight; eu os vexo co Google Chrome.
Como empezan os tempos dos maios, deixovos unha fermosa cantiga

sábado, 28 de abril de 2012

En busca del fuego

Como os meus bos amigos de Infantil me prohibiron poñer videos da súa grande actuación e como están a traballar a Prehistoria vos deixo uns fragmentos da película "En busca del fuego" 

 O home prehistórico sabía conservar o lume achado grazas aos azares da natureza: raios ou erupcións volcánicas pero non sabían crealo artificialmente.
Naquela época tan cruel o lume aseguraba a supervivencia: "Os que o posuían posuían a vida"

Servíalles para protexerse dos fríos, para alonxar os animais e para asar e cociñar os alimentos



AS VECES PERDÍAN O LUME E AS CONSECUENCIAS ERAN TERRIBLES

NA BUSQUEDA DO LUME XURDEN DIFERENTES AVENTURAS

PASABAN FAME

ENCONTROS CON MAMUTS



APRENDENDO A FACER LUME

FACER LUME NON É FÁCIL



viernes, 27 de abril de 2012

Semana do Libro

Durante esta semana e coincidindo co Día do Libro, o Equipo de Biblioteca dinamizou as seguintes actividades:
  1. Apadriñamentos. Cada unha das clases do primeiro ciclo apadriñou unha clase de Infantil. 1º apadriñou a Infantil de tres anos, 2º Á Infantil de catro anos e 2º B a Infantil de 5 anos. Cada clase e en grupos de cinco alumnos contáronlle un conto á súa clase apadriñada
  2. Ruta dos contos. 
    1. Infantil deleitounos cunha representación teatral de como era a vida na Prehistoria xa que o seu proxecto trimestral é sobre este tema
    2. O curso de primeiro representou a obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e logo propúxonos talleres para traballar o conto
  3. Reto. A profesora Lourdes formulou un novo reto aos alumnos sobre unha poesía de Gloria Fuertes que trata sobre os avós. Moito teñen que investigar para lograr o reto.
  4. Lectura colectiva. O segundo e terceiro ciclo elixiron como actividade a lectura colectiva do libro "Boy" de Roal Dahl




lunes, 23 de abril de 2012

viernes, 13 de abril de 2012

Aprendemos na Biblioteca

Os nenos e nenas do 1º Ciclo coñecemos o noso medio a través das visitas dunhas persoas moi especiais para nós e para os nosos mestres.


Nesas visitas de grandes profesionais (veterinario, bióloga, xardineira, periodista, ilustrados....) descubrimos unha morea de cousas.


Sabíades que......

  • Nos aeroportos traballan veterinarios evitando que cheguen a nós enfermidades doutros países.
  • Os piollos son parásitos exóxenos que non saltan
  • Unha misma paisaxe pode estar moi distinta en función da estación do ano na que nos atopemos.
  • O lugar onde traballan os periodistas que nos transmiten as noticias diarias chámase "redacción"
Se queredes saber moitísimas mais cousas......preguntadenos a nós, saberémolo seguro.

Grazas a todos os que facedes posible este tipo de actividades. Gústanos moito


Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.