Os nenos e nenas de Infantil de 5 anos despediron a "mochila viaxeira" que emprendeu unha longa viaxe cheo de fermosos libros.
domingo, 15 de enero de 2012
sábado, 14 de enero de 2012
Visita
O alumnado de Infantil de tres anos visitáronme para ver como pasara as
vacacións e leváronse a mochila viaxeira para que pase por todas as casas e
gocen da lectura en familia
martes, 10 de enero de 2012
Mochilas viaxeiras
Hoxe, a primeira mochila viaxeira emprendeu unha longa viaxe polos fogares dos nosos alumnos de 1º.
Ao longo destes días sairán as outras mochilas dos demais cursos cheos de libros, contos, películas, música, poesía...e non regresarán de novo á cova de Don Sapoconcho ata finais de curso cos seus cadernos viaxeiros cheos de anotacións que recollerán os fermosos momentos de lectura en familia.
jueves, 22 de diciembre de 2011
Nadal 2011
domingo, 18 de diciembre de 2011
Agasalla un libro no Nadal
Como todos os anos vos recomendamos libros para regalar por Nadal
Picando nas imaxes verás as recomendacións
INFANTIL
1º CICLO
2º CICLO
3º CICLO
sábado, 10 de diciembre de 2011
10 de Decembro: Día dos DDHH

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
viernes, 2 de diciembre de 2011
Traballo cooperativo
Seguindo a Pierre de Coubertin e o seu espírito olímpico onde participar e traballar en equipo é máis importante que gañar, e continuando o traballo cooperativo de Normalización Lingüística que culminou co fermoso calendario olímpico 2.012, Don Sapoconcho propúxonos outro traballo cooperativo no que a participación e colaboración de todos os nenos e nenas do colexio era o fundamental e titulouno "DEIXA A TÚA PEGADA" e como podedes ver o resultado final foi moi fermoso
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.





