domingo, 20 de diciembre de 2015


NOVO BLOGUE DA BIBLIOTECA

http://biblioburbulla.blogspot.com.es/



viernes, 12 de junio de 2015

RODARIRODARI

Rodarirrodari é un espectáculo ofertado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Consiste nunha narración oral, con acompañamento musical, no que empregamos o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro, chegar ao uso ou abuso das novas tecnoloxías. Os nenos e nenas de Infantil quedaron encantados!

lunes, 1 de junio de 2015

Contos do medio: as abellas.

O alumnado de Infantil de 4 e 5 anos aprendeu moito das abellas con este obradoiro de Dinamización Lingüística tan entretido.

lunes, 25 de mayo de 2015

A nena o grilo

A nena e o  grilo nun barquiño visitou o noso cole para celebrar as Letras Galegas por todo o alto. Con este mural feito entre todos démoslles a benvida e como xa coñecíamos as súas cancións non paramos de cantar de principio a fin. Todo un luxo ter a estes grandísimos artistas no noso centro con este espectáculo tan divertido.

MAIOS 2015

Un ano máis celebramos os Maios no cole. Grazas á ANPA e ás familias, todos xuntos bailamos a canción "Todos somos capitáns" ao redor do noso Maio.





6º de EP

5º de EP

4º de EP

3º de EP

2º de EP

1º de EP

5 ANOS

4 ANOS

3 ANOS

OS AUTORES DO NOSO BOB ESPONXA
GRAZAS

jueves, 21 de mayo de 2015

REVISTA

A nosa revista do curso 2014/15 xa está nas casas do noso alumnado. Para os demáis, aquí a tedes:

jueves, 5 de marzo de 2015

VISITA DO CIGARRÓN E OS MERDEIROS NO ENTROIDO

De novo, o Entroido máis tradicional visitou o cole. O Cigarrón de Verín e os Merdeiros da nosa cidade animáronnos as festas.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.