Hoxe os nenos de 1º convertíronse en ilustradores das aventuras dun esquío moi especial da man de Enrique Mauricio e Carlos Taboada. Non é a primeira vez que recibimos a súa visita e, coma sempre, quedamos encantados.
Páginas
▼
jueves, 26 de febrero de 2015
martes, 24 de febrero de 2015
lunes, 23 de febrero de 2015
SON SAN
Os nenos de Infantil asistiron a unha representación de monicreques sobre alimentación sá, ofertada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Foi moi educativa, pero sobre todo moi divertida.
lunes, 9 de febrero de 2015
Biblioteca dixital de GERÓNIMO STILTON
Atención nenos e nenas,
Inauguramos a nosa biblioteca dixital cun dos vosos personaxes preferidos: Gerónimo Stilton. Para poder ler os libros só tendes que premer sobre a portada. Esperamos que vos gusten!!
martes, 3 de febrero de 2015
EXPOSICIÓN: "Vivimos nun universo matemático"
Basándonos no lema elixido pola Asesoría de Bibliotecas para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, preparamos unha exposición no centro baixo o título "Vivimos nun universo matemático".
Así mesmo, elaboramos unha guía cos diferentes materiais que mercamos para que os nenos/as poidan afondar máis no incrible mundo das matemáticas.
Así mesmo, elaboramos unha guía cos diferentes materiais que mercamos para que os nenos/as poidan afondar máis no incrible mundo das matemáticas.





