Páginas

viernes, 13 de abril de 2012

Aprendemos na Biblioteca

Os nenos e nenas do 1º Ciclo coñecemos o noso medio a través das visitas dunhas persoas moi especiais para nós e para os nosos mestres.


Nesas visitas de grandes profesionais (veterinario, bióloga, xardineira, periodista, ilustrados....) descubrimos unha morea de cousas.


Sabíades que......

  • Nos aeroportos traballan veterinarios evitando que cheguen a nós enfermidades doutros países.
  • Os piollos son parásitos exóxenos que non saltan
  • Unha misma paisaxe pode estar moi distinta en función da estación do ano na que nos atopemos.
  • O lugar onde traballan os periodistas que nos transmiten as noticias diarias chámase "redacción"
Se queredes saber moitísimas mais cousas......preguntadenos a nós, saberémolo seguro.

Grazas a todos os que facedes posible este tipo de actividades. Gústanos moito


3 comentarios:

  1. Encántanme estas actividades porque moitas veces un ratiño do voso tempo:pais, nais, avós, primos, amigos,...supón unha pegada para sempre na vida dos nosos nenos! Noraboa a tod@s!!!
    Piru de Cereixa

    ResponderEliminar
  2. Foi un placer poder participar nesta actividade. Moitas gracias ós mestres e ós nenos polo seu cariño e atención. Paseino moi, moi ben!!!
    Bicos...
    Celia

    ResponderEliminar
  3. Grazas Celia; os nenos e as nenas aprenderon moito contigo.
    Don Sapoconcho

    ResponderEliminar