Páginas

miércoles, 24 de febrero de 2010

Zoa e Azor

Hoxe atopei este libro de An Alfaya que está dedicado a toda a comunidade educativa.

Un grupo de teatro chega ao pobo de Silvano. O rapaz axúdaos durante a semana de representación á vez que descobre a súa fascinación por esta actividade e a súa sensibilidade cara á poesía. Unha das súas tarefas é coidar os cabalos da compañía, Zoa e Azor. Non obstante, Tomás, que envexa ao seu primo Silvano, provocará unha desgracia: deixa aberta a gaiola onde están os cabalos e son atropelados por un coche. Zoa queda malferida e Azor morre. Silvano carga coas culpas, aínda que ao cabo do tempo a situación se aclara.

Necesito que me poñades máis cousas (en comentarios) sobre An Alfaya (de tartaruga a mozo/a).............veña, investigade un pouquiño.....gústanme moitísimo os comentarios.

2 comentarios:

  1. ¡Encántame este blog porque informanos de moitas cousas do cole!!
    Un bico.
    Alicia

    ResponderEliminar
  2. Grazas Alicia; as menxases anímanme moito a escribir mais cousas sobre a miña cova.
    un saudo Alicia
    Don Sapoconcho

    ResponderEliminar