domingo, 31 de octubre de 2010

A tele chegou ao cole

Como estabamos a celebrar o Samaín e os de telecinco decatáronse, acudiron rapidamente a gravar os nosos alumnos e alumnas en plena celebración.
Estiveron moito tempo gravando pero o informativo das tres poucas imaxes puxeron.....unha pena, eles pérdenllo.

viernes, 29 de octubre de 2010

Que bonito está o colexio

Os de normalización están a buscar a palabra máis fermosa do galego
A min gústame "CARRAPUCHEIRIÑA" ( Expresión de doce e tenro cariño que se dirixe á muller amada ou á que é fermosa. É tan significativa e tan nosa esta voz, que non existe en castelán vocábulo que poida expresar o seu sentido tan exactamente e con tanto sentimento) pero ti podes poñer o que máis che gusta
 

martes, 26 de octubre de 2010

Hoxe visítanos: AN ALFAYA

Visitou a cova a miña escritora preferida: An Alfaya que nos ensinou como utilizando os cinco sentidos podemos chegar a saber se un libro nos vai gustar

.  
Logo contounos a marabillosa historia da Buguina namorada, a historia dunha cuncha de nácara afundida no areal dunha illa perdida na inmensidade do océano e que se namora dun naúfrago. Aínda se me poñen as escamas de punta recordando o relato de An.

E para rematar, An asinou no libro de visitas

jueves, 21 de octubre de 2010

Concurso: ler e escoitar

Xa rematou o concurso "ler e escoitar" no noso colexio. 
Os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron fantásticos e agora o xurado ten a complicada papeleta de elixir o noso ou a nosa representante para a fase autonómica.


  

miércoles, 20 de octubre de 2010

"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades"

Polo colexio están expostos estes carteis de Mariña Seoane que co lema "Biblioteca Escolar: Un mundo de oportunidades", fai referencia ao reto que as bibliotecas escolares do século XXI teñen por diante, entendendo a biblioteca como : un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais

A biblioteca ao estar no Centro facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas.

A biblioteca é un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.

jueves, 14 de octubre de 2010

O alumnado de Infantil axuda ao cabaleiro triste

Como xa sabedes, o alumnado de Infantil tiña unha misión moi importante: axudar ao Cabaleiro Triste a reunirse coa súa dama pechada no castelo de Soutomaior pola bruxa "Patuja".
Os nenos e nenas de Infantil prepararon un plan:
  • Entrarían no castelo cunha careta da bruxa para que Patuja no sospeitara nada
  • Darían a bruxa umha poción máxica......
  • .....e doces galletas
  • Con todo iso e co conxuro a bruxa mala farase boa e liberará a "dama"
Antes de liberar a Dama visitaron o Castelo:
Primeiro a Ama de chaves do Castelo ensinounos a maqueta do castelo
Logo ensinounos unha fídula
Despois as firmas dos canteiros
Tamén ensinounos o carto das damas
Como escribían nos castelos
Ensinounos as armas e as cárceres
......e por último.....liberamos a dama
Deixo unhas fotos destes valerosos rapaces

viernes, 8 de octubre de 2010

As autoridades visitan a miña cova

Onte visitaron a miña cova a Delegada da Xunta en Vigo Lucía Molares e o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra Cesar Pérez Ares.

Eu, que son moi tímido, escondinme e foi Ubaldo o que lles ensinou os cambios que se fixeron na miña cova.

Comentoulles o moito traballo que fixo o profesorado do Centro na miña cova e que aínda falta moito por facer.

Agora, díxolles, estamos a esperar polo novo mobiliario que ten que enviar a Xunta ao cal o Xefe Territorial prometeu axilizar o proceso.


Ubaldo ensinoulles a camiseta da biblioteca que realizou o AMPA  e indicoulle o moito que colabora o AMPA na biblioteca e en todas as actividades do centro


jueves, 7 de octubre de 2010

Mario Vargas Llosa gaña o Nobel

A academia sueca outorgou o premio nobel de literatura a Mario Vargas Llosa, o primeiro que recibe un escritor en lingua española dende 1990, cando o recibiu Octavio Paz.
http://es.wikipedia.org/wiki/Mario_Vargas_Llosa

miércoles, 6 de octubre de 2010

¿A que sabe a lúa?

Acordádesvos dunha actuación de fin de curso dos alumnos de primeiro?


Pois é a representación do conto "a que sabe a lúa?. Atopei o conto en internet. Disfrutade de novo del.

lunes, 4 de octubre de 2010

Concurso: ler e escoitar


DESTINATARIOS: alumnos/as do 3º ciclo
MODALIDADES: Individual o en grupo (máximo 5 membros)
CARACTERÍSTICAS DO CONCURSO: Os participantes lerán dóus fragmentos en voz alta (catro a seis minutos cada fragmentos):
  • Un fragmento dunha obra elexido polo xurado
  • Un fragmento elexido polo concursante
FASES DO CONCURSO:
1ª fase: No centro, cun xurado formado por mestres/as do colexio que realizará as probas e seleccionará un alumno/a e, se o caso, un grupo para o pase a fase autonómica. Esta fase remata antes do 30 de outubro e deberán remitir un video do participante ganador/a e o grupo ganador/a (se é o caso)
2ª fase: Fase autonómica: elixen 5 alumnos/as e 5 grupos finalistas
3º fase: Fase final: os 5 alumnos/grupos finalistas teñen que ler en directo un texto elexido polo xurado e outro elexido libremente.
PREMIOS: (tanto para individiual como grupo)
Primeiro premio: Un lote de libros para o alumno e 300€ para a biblioteca do centro
Segundo premio: Un lote de libros para o alumno e 500€ para a biblioteca do centro
Todo alumnado finalista recibirá un lote de libros.
VALORACIÓN DAS LECTURAS POLO XURADO
Articulación, fluidez, ritmo, expresividade, volumene, dominio da linguaxe verbal e tamén da linguaxe corporal
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.