domingo, 27 de diciembre de 2009

Entrega de agasallos

Durante o festival, déronse aos nenos que me encontraron uns regalos.
A Iván de 6º por saber como me chamaba e a Faina e Ana de 2º por encontrarme.
Un abrazo moi forte para os tres de Don Sapoconcho

jueves, 24 de diciembre de 2009

Festival de inverno

Déixovos as imaxes en exclusiva do festival
INFANTIL


Primeiro Ciclo

Terceiro

Cuarto A

Algún o pasou moi ben

Continuou o festival






Para rematar



Papá Noel pasou polo colexio e regaloulles ao nenos e nenas un bonito regalo. Gracias ANPA por mandar a carta a Papá Noel


martes, 22 de diciembre de 2009

Rematou o trimestre

Rematou o trimestre e vou quedar moi soliño no colexio.
Todos estes días os rapaces estiveron decorando o colexio, que por certo quedou moi ben baixo o lema "TODOS IGUAIS, TODOS NECESARIOS, TODOS DIFERENTES"



E onte houbo un festival moi bonitiño






sábado, 19 de diciembre de 2009

Comprensión lectora

Encargueille ao Orientador do colexio que medise a comprensión lectora dos nenos e nenas do colexio.
Este fin de semana entregoume os datos obtidos e podédelos ver e analizar nunha folla de cálculo á que accededes pulsando no gráfico.

A comprensión lectora media do colexio é de 5,3 xusto un pouquiño por riba da media (5)

Teñen un nivel:

  • Moi baixo...........................8%
  • Baixo................................18%
  • Moderadamente baixo...11%
  • Normal.............................38%
  • Moderadamente alto......20%
  • Alto.....................................4%
  • Moi alto..............................1%

Destes datos podemos afirmar que un 37% dos nenos e nenas do colexio teñen certas dificultades de comprensión lectora e destes un 8% as teñen moi graves.

Hai un 25 % de nenos e nenas que teñen moi boa comprensión e un 5% a teñen excelente.

A comprensión literal é a que mellor teñen e refírese a ideas e informacións explicitamente manifestas no texto. As tarefas a realizar son:
-recoñecemento de detalles
-recoñecemento das ideas principais
-recoñecemento dunha secuencia
-recoñecemento comparativo
-recoñecemento da causa e o efecto das relacións
-recoñecemento dos trazos de carácter

A reorganización é a comprensión peor e requiere que o alumno analice, sintetice e/ou organice ideas sobre a información explicitamente manifesta no texto que debe ler. As tarefas de reorganización son:
-Clasificar
-Esquematizar
-Resumir
-Sintetizar

Segundo o tipo de texto o narrativo é o que mellor entenden mentras que o poético é o que peor entende.

jueves, 17 de diciembre de 2009

Agasalla un libro

Se aínda non sabes que regalar ou ler este nadal deixavos suxestións por ciclos
Pica nas imaxes
EDUCACIÓN INFANTIL
PRIMEIRO CICLO


SEGUNDO CICLO

TERCEIRO CICLO




martes, 15 de diciembre de 2009

Cousiñas do cole

Entereime de varias cousiñas que van ocorrer no cole estes días:
1º.-Hoxe os nenos e nenas de infantil fóronse a unha saída didáctica: á exposición do escultor Jorge Barbi no Museo Marco de Vigo
2º.-O Orientador do Colexio vai dar unha charla para pais e nai o Xoves 17 ás 16,30 horas: INTERNET: MELLOR EDUCAR. Tedes máis información no blog do departamento:
http://oteropedrayo.blogspot.com/
3º.-A ANPA está a organizar unha actuación do grupo de baile o venres 18 ás cinco da tarde
4º.-Os nenos e es nenas axudados polos mestres e mestras están decorando o colexio e preparando o Festival de Nadal, co lema: "TODOS IGUAIS, TODOS NECESARIOS, TODOS DIFERENTES"

jueves, 10 de diciembre de 2009

Dereitos humanos

O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, cuxo texto completo o podeís ver picando na fotografía. Tras este acto histórico, a Asemblea pediu a todos os Países Membros que publicasen o texto da Declaración e dispuxesen que fose "distribuído, exposto, lido e comentado nas escolas e outros establecementos de ensino, sen distinción fundada na condición política dos países ou dos territorios".





Pica na imaxe

Dereitos humano 1 Todos nacemos libres e iguais



Dereitos humanos 2 non discrimines



Dereito humano 3. Dereito a vida



Dereitos humano 4. Ninguén pode ser esclavizado



Dereitos humanos 5. A ninguén se lle pode torturar



Dereitos humanos 6.Tes dereitos onde queiras que esteas



Dereitos humanos 7. Todos somos iguais ante a lei



Dereitos humanos 8. A lei protexe os teus dereitos humanos



Dereitos humanos 9. Ninguén pode ser detido inxustificadamente



Dereitos humanos 10. O dereito a un xuizo



Dereitos humanos 11. Es inocente ata que non se demostre o contrario



Dereitos humanos 12. Dereito a intimidade



Dereitos humanos 13. Dereito de transitar



Dereitos humanos 14. Dereito de asilo



Dereitos humanos 15. Dereito a nacionalidade



Dereitos humanos 16. Dereito ao matrimonio e a familia



Dereitos humanos 17. Dereito a túas propias posesións



Dereitos humanos 18. Libertade de pensamento



Dereitos humanos 19. Libertade de expresión



Dereitos humanos 20. Dereito a reunirse



Dereitos humanos 21. Dereito á democracia



Dereitos humanos 22. Seguridade social



Dereitos humanos 23 Dereitos dos traballadores



Dereitos humanos 24. O dereito a xogar



Dereitos humanos 25. Dereito a ter alimento e vivenda



Dereitos humanos 26. Dereito á educación



Dereitos humanos 27. Os dereitos de autor



Dereitos humanos 28. Un mundo xusto e libre



Dereitos humanos 29. Responsabilidade



Dereitos humanos 30. Ninguén pode arrebatarche os teus dereitos humanos





jueves, 3 de diciembre de 2009

Día internacional da discapacidade

3 de decembro "día internacional das persas con discapacidade" un día paara a reflexión

martes, 1 de diciembre de 2009

A ratiña presumida


Hoxe, como non iba o demo do internet me fun de visita ao Recanto de Mik e descubrín un marabilloso vídeo onde José Antonio López Parreño (Rodorín), conta a historia da "A ratiña presumida" con campaíñas e outros obxectos de madeira con música.

Estiven buscandolo pola biblioteca e témoslle catalogado co número 749
Pica na imaxe para ir ao rexistro

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.